"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

martes, 18 de abril de 2017

Visitas ao Románico


Todo o alumnado de 2ºESO gozou desta saída con visita guiada ás igrexas románicas de San Martiño e Tirán. As construccións foronnos explicadas polo profesor agora xubilado Xacinto García, a quen agradecemos o seu saber.

A actividade desenvólvese dentro do Plan Moaña Aprende do Concello e foi organizada polo EDNLinguaquetraba contando coa colaboración imprescindible da profesora de Ciencias Sociais Ángeles Pico, que xa tratara na aula este tema con anterioridade.







Ningún comentario:

Publicar un comentario